Turismo
Home > Turismo

Turismo
Lux Apartamentos Santiago

Lux Apartamentos Santiago está na entrada sur da cidade de Santiago de Compostela, capital de peregrinos e turistas que se achegan a coñecer o seu encanto e a súa historia. Nesta incrible cidade poderás desfrutar da gastronomía galega, de impresionantes construcións de séculos pasados e de zonas comerciais.

Catedral de Santiago
Catedral de Santiago

Miles de peregrinos terminan cada ano o Camiño de Santiago no centro da cidade, a Praza do Obradoiro. Aquí atoparás impresionantes edificacións como a Catedral de Santiago e o seu Pórtico da Gloria. No seu interior, a tumba do Apóstolo, o famoso Botafumeiro ou as capelas, dignas de visitar.

Conta a lenda que os restos do Apóstolo Santiago foron trasladados a Galicia no ano 44, tras ter sido decapitado en Xerusalén. No século III Pelayo atopou a súa tumba abandonada e, ao ver unhas luces estrañas no ceo, decidiron recoñecelo coma milagre e levantar alí o templo ao redor da sepultura.

Parque da Alameda
Parque da Alameda

O parque da Alameda e o parque urbano máis destacado da capital, quizás pola súa localización entre a universidade e o casco antigo. Está constituído por tres zonas ben diferenciadas: O Paseo da Alameda, a Carballeira de Santa Susana e o Paseo da Ferradura.

Hoxe en día, este conxunto é unha das zonas favoritas de paseo e ocio dos habitantes da cidade e dos turistas. Dende o seu punto máis alto ofrece unhas vistas espectaculares ao monte Pedroso e unha fermosa panorámica da cidade.